• MAKER FAIRE 2018

    ¡Xa está aqui a MAKER FAIRE deste ano!

    Como o ano pasado CLUBE VEGA asistirá a este evento, este ano con stand propio, dentro da categoría “divulgación da ciencia”.

    Para esta ocasión estamos traballando na exposición “O DECÁLOGO DO ASTRÓNOMO AFECIONADO”, unha mostra de fotografías, moitas delas dos nosos socios, con audioguía a través do mobil.

    Tamén faremos obradoiros de iniciación ao USO DO TELESCOPIO e, se o tempo o permite, algunha OBSERVACIÓN nocturna.

    Xa sabedes, este finde temos plan. Vémonos alí!

  • A noite do sistema solar

    Fomos preparadísimos a esta convocatoria que tivo grande aceptación por parte do público. A intención era ver e facer o seguimento da eclipse de Lúa e aproveitar para observar Venus, Xúpiter, Saturno e Marte, que se atopaba, ademáis en moi boa posición.

    Pero a climatoloxía non acompañou…nubes e máis nubes durante horas. Menos mal que, cando xa a eclispse chegaba ao fin, poidemos ver un minuto a Lúa ca cor laranxa propia de estes fenómenos.

     

     

  • Presentación da AXENCIA ESPACIAL NOSA

    En Galicia temos xa axencia espacial propia…XD

    Trátase da axencia espacial escolar NOSA e é unha iniciativa de varios profes de instituto e un proxecto escolar colaborativo, multidisciplinar e moooooi molón.

    Xosé e Óscar, dou dos profes implicados nesta locura viñeron en Marzo a presentarnos o seu proxecto e enseguida nos meteron no bote…esperamos impacientes pola seguinte misión da NOSA!!

    Aqui tedes máis información.

  • Charla divulgativa APOD

    O primeriro Venres de Febreiro tivemos a pracer de poder escoitar a Dosi Veiga falándonos de astronomía a través de un conxunto de imaxes do “APOD” de 2017. Dosi presentounos tamén o seu novo proxecto Ceos galegos.

    Organizamos esta charla no espazo “Nave de Vidán” e ao rematar poidemos facer unha sesión de observación desde a terraza do local. Houbo bastante nubosidade pero conseguimos ver algúns obxectos interesantes…o público moi interesado e participativo. ¡¡Foi unha noite productiva!!

  • VI CMON

    Por 6º ano consecutivo celebramos o noso congreso CMON. Tivo lugar na R.U. Monte da Condesa, no Campus Sur da USC. O noso programa deste ano resultou moi interesante e o público estivo moi implicado. Tamén disfrutamos do xantar todos xuntos e dun breve paseo polo campus antes das sesións da tarde.

    Consulta aqui o noso programa. Ou tamén co seguinte QR:

  • Astromakers

    O pasado mes de Novembro o Clube Vega estivo presente na Maker Faire Galicia, invitados polos nosos colegas do Recuncho Maker. As actividades que mostramos e que tiveron moi boa aceptación por parte do público foron:

    • Celestino: Telescopio reflector con montura tipo Dobson deseñado e construido por socios do clube Vega.
    • Telescopio solar: adaptamos un pequeno telescopio refractor protexido cun filtro Baader de fabricación propia para observación solar.
    • Detección de meteoros: Cámara all sky, construida a partir dunha cámara de vixiancia, que rexistra meteoros e bólidos.
    • Observación da Lúa: Á tardiña sacamos a Celestino para a terraza e poidemos ver a Lúa en moi boas condicións.

Uso de cookies

Esta web utiliza cookies para a súa comodidadeo. Más info

acepto
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial