Mitoloxía do Ceo

Tauro

A medida que remata o ano, aparece polo sur no ceo nocturno a figura de Tauro (o Touro). Esta é a forma que Zeus adoptou para seducir a Europa, filla de Agenor rei de Tiro. Nunha ocasión estaba Europa dando un paseo cerca do mar acompañada das súas doncelas. De súpeto apareceu Zeus en forma de touro branco diante delas. Non parecía perigoso, así que Europa e as súas acompañantes recolleron flores e fixeron unhas guirnaldas que logo colocaron na cabeza do touro. Europa confiaba tanto na súa docilidade que montou enriba del. Sin embargo o touro saltou cara ó mar e nadou ata chegar a Creta (por iso só aparece representada unha metade, como si a outra estivese sumerxida no mar). Alí Zeus reveloulle a súa verdadeira identidade e Europa namorouse. Tiveron tres fillos, Minos, Radamanto e Sarperón. Europa foi soberana de Creta e o seu primeiro fillo Minos introduxo o culto do touro nesta illa.

Rapto de Europa, Por Rembrandt. (Colección Koppel, Zurich)

Outra lenda identifica esta constelación co animal que vivía en Creta e que foi domesticado por Hércules nun dos seus traballos. Por último, podería tratarse do Minotauro, o monstruo metade touro e metade humán que matou Teseo, o outro gran heroe da mitoloxía.

Para os exipcios o touro representaba a Osiris e a súa irmán Isis. O primeiro representado como o deus-touro e a segunda como deusa-vaca.

Santiago de Compostela, Xoves 24 de Xullo de 2008
Última modificación: 31/12/69 04:00