Obxetos do Firmamento

Obxetos observables en Primavera


Cúmulo aberto M50 (NGC 2323)
Ver carta
Posición: AR=07h 03m 12.0s, Dec=-08° 20'
Magnitude: 5,9
Constelación: Monoceros
Ainda que o cúmulo aberto M 50 non é moi impresionante, é un obxecto doado de recoñecer na constelación de Monoceros xa que é unha rexión pouco rica en estrelas brilantes. Foi descuberto por Messier ó 5 de agosto de 1773 mentres observaba un cometa aquel ano, sen embargo este obxeto xa fora observado en 1711 por G. D. Cassini. Está composto por unhas 80 a 150 estrelas e ten un tamaño de 16'. A distancia ó cúmulo é duns 2300 - 3600 anos luz. É doado de localizar incluso con prismáticos. Aproximadamente, na metade da liña imaxinaria que une ás estrelas Sirio e Proción se encontra a estrela 19 Monocerotis (mag. 5,0). Unha vez localizada so temos que desprazarnos 4° ó sur onde poderemos observa-lo cúmulo cun pequeno telescopio.

Cúmulo aberto NGC 2244
Ver carta
Posición: AR=06h 32m 24.0s, Dec=+04° 52' 00"
Magnitude: 4,8
Constelación: Monoceros
Na constelación de Monoceros está NGC 2244, un cúmulo aberto moi xove de magnitude 4,8 visible en boas condicións cuns prismáticos. Ten un tamaño de 24' e está localizado no centro da nebulosa de emisión NGC 2237-39, máis coñecida como nebulosa de Roseta (so visible por medio de fotografías). Esta nebulosa é un dos lugares onde nacen novas estrelas e incluso cúmulos de estrelas. Bastante sorprendente é o feito de que a parte máis densa da nebulosa non esté na rexión central do cúmulo, como no caso da nebulosa de Orión. No seu lugar, as partes máis densas forman un anel ó redor do cúmulo. Na parte norte máis brillante da nebulosa atópanse unhas rexións escuras e alongadas chamadas "trompas de elefante", lugares de posible formación de novas estrelas. Fiamentos de hidróxeno neutro condénsanse en glóbulos pola calor, expandindo hidróxeno ionizado e despóis de contraerse baixo a sua propia gravidade, os glóbulos convírtense en estrelas.

Proción (alfa Canis Minor)
Ver carta
Posición: AR=7h39m18s Dec.=5º13'30''
Magnitude: 0,3
Constelación: Canis Minor
Proción é oitava estrela máis brillante do ceo e entre as estrelas visibles a simple vista é a quinta máis cercana, a tan só 11 anos luz. O seu nome emprégase dende a época da antiga Grecia e é equivalente á palabra latina "Antecanis" ou "antes do can", referíndose a que Proción sae pouco antes que Sirio, no can maior, anunciando a súa aparición. As culturas árabe e babilonia tamén relacionaban a Proción con Sirio, a estrela do gran can. Xa dende mediados do século XIX coñécese que Proción non é unha única estrela, senón que ten unha compañeira moito máis feble. A. Auwers, en 1861 mideu as irregularidades do movemento de Proción debido a esa estrela, pero non foi ata 1896 cando se observou visualmente; debido ó seu brillo feble e ó estar tan preto de Proción, fixo que non se observara ata entón. A compañeira de Proción chamada Proción B é unha estrela enana branca, unha pequena estrela do tamaño da Terra, pero cunha masa do 65% da do Sol. Proción ten outras compañeiras febles, pero que non afectan ó movemento de Proción A e B. Dende logo, non esperemos ver a Proción B con telescopios de afeccionados.

Cúmulo aberto M67 (NGC 2682)
Ver carta
Posición: AR=8h 50m24s Dec=+11º49'0''
Magnitude: 6,9
Constelación: Cáncer
Na constelación de Cáncer, preto do coñecido cúmulo do Pesebre, atópase M67, outro cúmulo aberto relativamente compacto que contén ó menos 500 estrelas de magnitudes entre 8,5 e 16, ainda que o brillo total do cúmulo a simple vista é de 6,9. Os cúmulos globulares, ó ser agrupacións xoves de estrelas, atópanse normalmente preto do plano da galaxia, onde está a poboación xove, pero M67 é un caso peculiar porque está algo alonxado desta zona, a uns 1500 anos luz. Pódese observar M67 cuns prismáticos ou cun pequeño telescopio apuntando a estrela alfa Cancri de magnitude 4,3 e movéndonos unha distancia equivalente a catro diámetros de lúa (2º) ó leste

Cúmulo de Coma Berenice (Mel 111)
Ver carta
Posición: RA: 12h 25m 0s Dec: +26° 00' 00"
Magnitude: 1,8
Constelación: Coma Berenice
Se observamos o ceo de primavera a simple vista ou con prismáticos, unha das constelacións que máis nos van chamar a atención é a de Coma Berenice ou Cabeleira de Berenice. Cóntase, que Berenice era a muller do rei Ptolomeo III de Eugertes, alá polo século III AC. O parecer, preocupada por que o seu marido non volvera da guerra, ofreceu como sacrificio a súa cabeleira á deusa Venus para que o seu marido voltase san e salvo. Él volveu, e pola noite a súa cabeleira desapareceu misteriosamente. Segundo o astrónomo da corte Canon, Venus a puxo no ceo para honrar o seu sacrificio. A cabeleira á que se refire a lenda é o cúmulo estelar de Coma Berenice, un cercano grupo dunhas 47 estrelas espalladas por unha rexión de 5° (a lúa ten ½°) e é fácilmente observable a simple vista como un ramo alongado de estrelas febles (ver carta), aínda que a mellor vista a ofrecen uns prismáticos. Se ben o cúmulo e moi chamativo nas noites escuras, ó astrónomo Messier non a incluíu no seu famoso catálogo. O máis probable, é que foi porque trátase dun cúmulo moi espallado e é moi difícil de confundilo cun cometa, que era xusto o que él quería evitar. O cúmulo sí foi incluído no catálogo de Melotte co número 111 (Mel 111) no ano 1915.

Galaxia M51 (NGC 5194)
Ver carta
Posición: AR= 13h 30m ; Dec=+47°11'
Magnitude: 8,4
Constelación: Canes Venatici
Unha das máis coñecidas e sorprendentes galaxias do ceo boreal a galaxia espiral M51, na constelación de Canes Venatici, os cans de caza. Trátase dunha espiral tipo Sc que Messier, o seu descubridor (en 1772) describeu como unha nebulosa dobre cuias componentes tócanse; esta é a impresión que teríamos se a víramos cun pequeño telescopio. Telescopios medianos mostran xa a súa estructura espiral. Esta peculiariedade que mencionou Messier, é unha das características máis curiosas de M51 xa que realmente son dúas galaxias, M51 e outra máis pequena interaccionando entre si: un perfecto exemplo de galaxias en interacción. A galaxia do remuíño como tamén se lle coñece, é fácil de atopar a un cuarto da distancia entre a estrela eta Ursae Majoris (Alkaid) e alfa Canum Venaticorum

Cúmulo globular M13 (NGC 6205)
Ver carta
Posición: AR: 16h 42m; Dec: 36° 28'
Magnitude: 5,8
Constelación: Hércules
Na constelación do gran heroe mitolóxico grego Hércules atópase M13, un dos cúmulos globulares máis espectaculares do firmamento, tamén chamado 'O Gran Cúmulo de Hércules'. Ainda que cun ceo moi escuro se pode ver a simple vista, poderemos observalo sen dificultade coa axuda duns prismáticos. A observación telescópica amósanos unha pequena mancha borrosa duns 10' de diámetro. O cúmulo está situado a un tercio da estrela Eta Herculis seguindo a liña imaxinaria que une esta estrela coa estrela Zeta Herculis. Foi descuberto en 1715 por Edmund Halley e está composto por máis dun millón de estrelas. Atópase a uns 25.000 anos luz da Terra, é 300.000 veces máis brilante que o Sol e a súa masa é equivalente a de 500.000 Soles. A 9° ó NE de M13 e a 6° ó N de Pi Herculis atópase o cúmulo globular M92 de magnitude 6,7 (NGC 6341). Foi descuberto por J. E. Bode en 1777 e dista uns 35.000 anos luz.

Nebulosa planetaria M27 (NGC 6853)
Ver carta
Posición: AR=19h 59m6 Dec=+22º 43'
Magnitude: 8,1
Constelación: Vulpécula
Ó N de Sagitta está a constelación de Vulpécula, "a raposa". Non é doada de identificar porque non posúe estrelas máis brilantes da magnitude 4,5, pero como cubre unha zona da Vía Láctea abunda en cúmulos abertos, o que a fai ideal para a observación con prismáticos. O obxeto máis importante é, con diferencia, M27, xa que é a segunda máis grande e brilante de todas as nebulosas planetarias. Posto que está a 3º3 ó N de g Sagittae pódese atopar cuns prismáticos poñendo esa estrela na beira S do campo e estimando a que distancia pode estar. Para uns prismáticos normáis, cun campo de 7º, estaría máis ou menos no medio.

Cúmulo Globular M 53
Ver carta
Posición: AR=13h 13m 2s; Dec= +18° 9' 35"
Magnitude: 7,7
Constelación: Coma Berenice
Na primavera, a pequena constelación de Coma Berenice está alta no ceo na medianoite entre as contelacións de Leo e Bootes. Esta contelación é coñecida polo cercano cúmulo aberto Mel 111, tamén chamado o Cúmulo de Coma e o seu nome deriva dunha persoaxe real, a reina Berenice II, muller do rei exipcio Ptolomeo III que viviron no século III AC. Ademáis de varias galaxias, nesta contelación hai un par de cúmulos globulares importantes que son M53 e NGC 5053. O primeiro se atopa a só 1º ó norleste da estrela de magnitude 4,2 a Comae, que é a estrela que está a medio camiño entre Denébola e Arcturus. Trátase dun cúmulo de estrelas relativamente compacto e distante, a 65 000 anos luz, e o seu diámetro aparente é de 14". Da súa distancia e tamaño angular se sabe que o seu diámetro real é de 250 anos luz. Este cúmulo fue observado por primeira vez no ano 1775 por J. E. Bode.

Cúmulo Globular NGC 5053
Ver carta
Posición: AR= 13h 16m 34s; Dec= +17° 41' 19"
Magnitude: 9,8
Constelación: Coma Berenice
A 1º ó surleste de M53 está NGC 5055, un cúmulo globular peculiar, descuberto en 1784 polo astrónomo inglés William Hershell e debe intentar observarse cun telescopio mediano duns 200 mm debido a feble magnitude 10, por contra de M 53 que é observable co primáticos aínda que se recomenda un telescopio mediano usando uns 100x. NGC 5053 é un cúmulo globular tan pobre e pouco compacto que ás veces parece un cúmulo aberto moi poboado. Se calcula que posúe unhas 3400 estrelas, moi lonxe dos centos de miles que ten un cúmulo normal; atópase a 55 000 anos luz e ten uns 100 anos luz de diámetro.

Mizar e Alcor
Ver carta
Posición: AR= 13h 24m , Dec= +54° 55'
Magnitude: 2,40 e 4,0
Constelación: Ursa Major
Mizar e Alcor son o par de estrelas máis soñecido do ceo e son localizables a simple vista moi facilmente, xa que son unha das estrelas da “cola” da Osa Maior. Aínda que a Mizar (zeta UMa) e Alcor (80 UMa) sempre se lles refiere como unha estrela dobre (están separadas 12”), na actualidade non se está moi seguro de que así sexa, e de ser terían unha órbita moi grande. Ainda así, tanto Mizar como Alcor son de por sí estrelas dobres, de feito Mizar lémbrase como a primeira estrela dobre que se descubríu, en 1650. Os árabes coñecían o par como “o cabalo e o xinete” e empregábanlo como unha proba de agudeza visual: ¡se podes ver a simple vista que en realidade son dous, é que tes boa vista!. Se observamos cun intrumento pequeno, veremos unha estrela de magnitude 8 entre Mizar e Alcor, formando entre as tres un triangulo achatado. No ano 1723, o alemán J.G. Liebknecht declarou que esa estrela se movera, o que fixo pensar que era un planeta. Ó suposto planeta chamoulle Sidus Ludovicianum, la estrela de Ludovico (marcada como SL no mapa), en honor a Ludovico V, o seu soberano local. Naturalmente, a estrela non volveu a moverse e todos se olvidaron de Liebknecht, pero o nome da estrela persistíu.

Polaris, a estrela do Norte
Ver carta
Posición: AR=2h 31m, Dec= +89° 16'
Magnitude: 2,10
Constelación: Ursa Minor
Quizáis sexa a estrela máis coñecida do firmamento, e non precisamente polo seu brillo de tan só magnitude 2, se non polo seu lugar no firmamento, a menos de un grao do Norte Celeste, valendo a viaxeiros e navigantes para orientarse dende fai séculos. Cando observamos o ceo por primeira vez, a Estrela Polar e primeira estrela que debemos coñecer. En realidade, a estrela polar (zeta Ursa Minor ou Polaris) é unha estrela dobre, cunha compañeira de magnitude 9 (600 veces menos brillante) separada 18”, polo que en teoría bastarìan pequenos telescopios para poder apreciala,, pero debido á diferencia de magnitudes entre ambas estrelas o traballo faise un pouco máis difícil, necesitándose entre 80 e 100 aumentos como mínimo. O primeiro en observar a compañeira da estrela polar foi o astrónomo inglés Sir William Herschel no ano 1780 Se observamos con prismáticos, poderemos observar un pequeno anel de estrelas de 40” o sur de Polaris, chamado por algúns afeccionados “o anel de compromiso”; nese anel, Polaris sería o diamante. Ademáis, a estrela polar é unha variable cefeida (tipo W Virginis) cun periodo de pouco menos de catro días e un rango inusualmente pequeño, de 0,1 magnitudes. As cefeidas son un tipo de variables que permiten ós astrónomos atopar a súa distancia estudiando a variación da su magnitude (curva de luz).

Estrelas dobres en Leo. gamma Leonis
Ver carta
Posición: AR= 10h 20m; Dec= +19° 50'
Magnitude: 2,6
Constelación: Leo
Das constelacións que dominan o ceo da primaveira, a de Leo, o león, es unha das máis importantes. Esta constelación é coñecida por algunhas galaxias brillantes como M65, M66 ou M96, que pertencen á beira exterior do enorme Cúmulo de Galaxias de Virgo. Leo é unha constelación que ten varias estrelas brillantes o que a fan fácil de identificar e nela pódese ver o asterismo da Fouce, onde está o radiante da chuvia de meteoros das Leónidas. A estrela máis brillante de Leo es Régulus (alfa Leo) e representa o corazón do león; con magnitude 1,35, Régulus é a estrela número 21 en brillo no ceo. Ademáis de galáxias, en Leo pódense observar varias estrelas dobres con instrumentos pequenos, das que resalta gamma Leo, tamén chamada Algeiba, sendo unha das dobres más fermosas do ceo. Está formada por dúas estrelas dourado-amarelas de magnitudes 2,1 e 3,4 que descreben órbitas cun periodo de 407 anos. Ambas estrelas están o suficentemente alonxadas entre sí para separalas cun telescopio pequeño empregando uns cen aumentos (100x); esta distancia está aumento e chegará a ser de 5” no ano 2100. A estrela zeta Leo, situada na “fouce” de Leo enrriba de gamma Leo, é un par brillante de estrelas que pode incluso verse con prismáticos. Moi preto de alí, podemos ver con poucos aumentos outra estrela dobre, 54 Leo, formada por dúas estrelas de magnitudes 4,5 e 6,3. Noutro lado da constelación, na “cola” do Leo, está a estrela Denébola ou beta Leo outra estrela dobre, alomenos en apariencia. O seu no ven do árabe, Al Dhanab al Asad ou “a cola do león” e é un belo par azul-laranxado de magnitude total 2,4 que realidade é un par óptico (o igual que zeta Leo) porque as dúas estrelas non están relacionadas entre sí físicamente, so visualmente.

Cúmulos abertos M46 e M47 (NGC 2437 e NGC 2422)
Ver carta
Posición: M46: AR= 7h 41m Dec= -14° 49', M47: AR= 7h 36m, Dec= -14° 30'
Magnitude: 6,1 e 4,4
Constelación: Puppis
A constelación de Puppis é a popa da antiga constelación de Argo Navis, a nave que transportou ós argonautas na súa busca polo vélaro de ouro e que debido ó seu tamaño devidíuse en catro contelacións: Carina (a quilla), Puppis (a popa), Pyxis (compás) e Vela. A Vía Láctea atravesa Puppis facéndoa ideal para observar con prismáticos e telescopios pequenos, xa que nela abundan os cúmulos abertos, dos que destacan M46 e M47, descubertos por Messier en febreiro de 1771. Ámbolos dous cúmulos poden observarse fácilmente con prismáticos a 5° ó sur da estrela  Monocerotis (magnitude 4,1) e uns 14° ó leste de Sirius e están separados só 11/2° (o campo duns prismáticos normáis é de entre 5° e 7°). Teñen nembargantes apariencias moi distintas a trevés dun instrumento. M46 é un cúmulo bastante poboado cuns 500 membros e atópase arredor de 5000 anos luz. Moi distinto é M47 que só ten uns 60 membros pero está máis preto, a 1700 anos luz e posúe estrelas máis xóvenes e brillantes. As magnirudes absolutas (é decir, independente da distancia) de M46 e M47 e moi ditinta debido a súa diferencia de idades. M46 é o suficentemente vello (mil millóns de anos) como para xa consumir as súas estrelas grandes e brillantes; M47 por outra banda so ten entre 20 e 30 millóns de anos. Unha curiosidade de M46 e que nel aparece unha nebulosa planetaria (NGC 2438) observable con telescopios superiores 150 mm. En realidade, a planetaria non está relacionada co cúmulo, xa que as planetarias prodúcense cando estrelas de miles de millóns de anos expulsan a sua envoltura exterior, idade moi superior á do cúmulo.

Santiago de Compostela, Venres 10 de Setembro de 2010
Última modificación: 31/12/69 04:00