|
|
 |
|
Obxetos do Firmamento
Obxetos observables en Outono
 |
|
Cúmulo globular M15 (NGC 7078) |
|

|
| Posición:
AR=21h 30m0, Dec=+12º 10' |
| Magnitude:
6,4 |
| Constelación:
Pegasus |
|
Os cúmulos globulares son agrupacións tan concentradas de estrelas que case sempre semellan un obxeto difuso. Parecen o mellor un cometa máis que unha concentración de estrelas, sobre todo cando son observados con telescopios pequenos e, a miudo, son confundidos con eles. Precisamente, J.D. Maraldi buscaba o cometa Cheresaux cando descubríu o cúmulo globular M15 en 1745, na constelación de Pegasus. Dezanove anos despóis, Messier redescubreuno e engadeuno ó seu famoso catálogo. M15 é un cúmulo moi rico e compacto e é un dos catro grandes cúmulos globulares do hemisferio norte (os outros son M13, M3 e M92). O cúmulo é doadamente localizable con prismáticos a uns 4 graos ó NW da estrela épsilon Pegasi. Messier non descubreu moitos dos obxetos que aparecen no seu catálogo, pero sí fixo un o traballo de catalogalos para que os cazadores de cometas como Miraldi (ou él mesmo) non sufriran lamentables confusións. |
|
 |
|
Cúmulo Globular M2 (NGC 7089) |
|

|
| Posición:
AR= 21h 33m5 ; Dec.= - 0° 48´ 57” |
| Magnitude:
6,5 |
| Constelación:
Aquarius |
|
Na súa procura polo cometa Cheresaux, Maraldi descubríu, entre outros, o cúmulo globular M2 en Aquarius no ano 1746 e igual que no caso de M15 adiantouse a Messier, que veuno en 1760. Este cúmulo é asequible a prismáticos e telescopios pequenos e fácilmente localizable apuntando a beta Aquarii, unha estrela de magnitude 3,1 e movéndonos uns 5 graos (a distancia do ceo que oculta un puño co brazo extendido) ó norte e un chisco ó leste. Como sabemos, os cúmulos globulares son agrupacións moi numerosas de estrelas vellas e moi xuntas, pero M2 é un cúmulo particularmente denso. Segundo ó xuntas que estean as estrelas nun cúmulo glubular, estes clasifícanse de tipo I ó XII (sendo I o máis compacto e XII o mais espallado); M2 é do tipo II, polo que verémolo como unha manchiña borrosa e necesitaremos un instrumento grande só para identificar as estrelas da veira, onde están máis separadas. |
|
 |
|
Cúmulo globular M71 (NGC 6838) |
|

|
| Posición:
AR=19h 53m8 Dec=+18º 47' |
| Magnitude:
8,3 |
| Constelación:
Sagitta |
|
Entre as constelacións de Cygnus e Aquila, dentro do Triángulo de Verán, atópase a constelación de Sagitta, "a frecha", unha bela e pequena constelación na que as estrelas máis brilantes, alfa , beta, delta, gamma e eta Sagittae abarcan uns 7º no ceo, aproximadamente o campo duns primáticos normáis. Na metade de camiño entre gamma (magnitude 3,7) e delta (magnitude 3,8) e un pouco ó S está M71, un cúmulo bastante peculiar e de difícil clasificación, xa que por moitos anos os astrónomos dubidaron se era un cúmulo aberto moi rico ou un globular moi pobre. M71 pode verse con prismáticos coma unha estreliña borrosa (ver mapa) e precisa dun telescopio para observar algún detalle. Aproveitemos, se estamos por alí, para notar as fermosas cores de gamma (amarillo-laranxa) e delta Sagittae (laranxa). |
|
 |
|
Supernova de Tycho de 1572 |
|
|
| Posición:
|
| Magnitude:
|
| Constelación:
Cassiopeia |
|
En novembro de 1572, apareceu na constelación de Casiopea unha estrela nova, a supernova máis brillante da segunda metade deste milenio e unha das só catro supernovas coñecidas observadas na nosa galaxia. Esta estrela invitada foi observada por primeira vez por W. Schuler o 6 de novembro de aquel ano, aínda que o interese que mostrou Tycho Brahe ó descubrila independentemente o 11 de novembro, cando xa brillaba tanto coma Xúpiter, fai que se lle lembre como a supernova de Tycho. A supernova de 1572 chegou a brillar tanto como Venus, e durante algún tempo podía verse á luz do día; mantívose visible a simple vista durante case 16 meses ata apagarse definitivamente. Na actualidade, o remanente deste cataclísmo cósmico só é observable con grandes telescopios e rediotelescopios. As supernovas son como as estrelas máis masivas atopan súa morte, nunha explosión que as veces supera en brillo á da propia galaxia que a alberga. Son fenómenos tan violentos como extranos xa que na nosa galaxia só ocorren unha vez cada cen anos, aínda que se observamos noutras galaxias poderímos atopar varias ó ano, pero ningunha brillaría tanto como a de Tycho. A última supernova importante descubreuna un afeccionado de Lugo na galaxia M81, no ano 1993. |
|
|
|