Mitoloxía do Ceo
Untitled Document
Tauro
A medida que remata o ano, aparece polo sur no ceo nocturno a figura de Tauro
(o Touro). Esta é a forma que Zeus adoptou para seducir a Europa, filla de Agenor
rei de Tiro. Nunha ocasión estaba Europa dando un paseo cerca do mar acompañada
das súas doncelas. De súpeto apareceu Zeus en forma de touro branco diante delas.
Non parecía perigoso, así que Europa e as súas acompañantes recolleron flores
e fixeron unhas guirnaldas que logo colocaron na cabeza do touro. Europa confiaba
tanto na súa docilidade que montou enriba del. Sin embargo o touro saltou cara
ó mar e nadou ata chegar a Creta (por iso só aparece representada unha metade,
como si a outra estivese sumerxida no mar). Alí Zeus reveloulle a súa verdadeira
identidade e Europa namorouse. Tiveron tres fillos, Minos, Radamanto
e Sarperón. Europa foi soberana de Creta e o seu primeiro fillo Minos
introduxo o culto do touro nesta illa.
|
|
| Rapto de Europa, Por Rembrandt. (Colección Koppel, Zurich) |
Outra lenda identifica esta constelación co animal que vivía en Creta e que
foi domesticado por Hércules nun dos seus traballos. Por último, podería tratarse
do Minotauro, o monstruo metade touro e metade humán que matou Teseo,
o outro gran heroe da mitoloxía.
Para os exipcios o touro representaba a Osiris e a súa irmán Isis.
O primeiro representado como o deus-touro e a segunda como deusa-vaca.
|