Mitoloxía do Ceo

Untitled Document

Pléiades

O cúmulo das Pléiades representa a sete irmáns fermosas fillas do xigante Atlas e de Pléione. Chamábanse Taigete, Electra, Alcíone, Astérope, Celeno, Maia e Mérope. Existía outra tradición seguida por Calímaro nun poema no cal as Pléiades era fillas dunha raiña das Amazonas, e a elas se lles atribuía a institución dos coros e danzas e das festas nocturnas. Nesta tradición os seus nomes eran: Coccimo, Glaucia, Protis, Partenia, Maia, Estoniquia e Lámpado. Finalmente Calipso e Dione son a veces consideradas como Pléiades.

Tódalas Pléiades casaron con deuses excepto unha, Mérope, que casou con Sísifo, pero a pouco de casar avergonzouse de facelo cun mortal. Existe unha lenda que explica por qué só se ven ben seis das sete Pléiades. Dícese que Electra ocultou o seu rostro para non ve-las ruinas de Troia, cidade fundada polo seu fillo Dárdano. Outros comentan que a Pléiade "ausente" é Mérope, avergonzada do seu casamento como xa se comentou. En realidade as estrelas non se nombraron seguindo ningunha destas lendas pois as menos brilantes do cúmulo son Astérope e Celeno. Estas sete ninfas eran seguidoras de Artemis, deusa da caza, e estando un día en Beocia atopáronse co cazador Orión que se enamorou delas e empezou a perseguilas. Éstas pedíronlle a Zeus que as convertise en pombas e o pai dos deuses apiadándose delas convertiunas en estrelas (curiosamente Electra, Taigete e Maia foron amantes de éste).

Pero existían outras tradicións: segundo algunhas, a súa transformación estivo motivada polo pesar que experimentaron cando o seu pai Atlas foi condeado por Zeus a soster o ceo sobre os seus hombreiros; segundo outras, as Pléiades, xunto coas súas irmáns as Híades foron metamorfoseadas en estrelas despóis da morte do seu irmán Hiante, mordido por unha serpe. Noutras versións é a propia Artemis quen as transforma en estrelas. No firmamento podemos ver como Orión parece seguir perseguindo todavía ás Pléiades.

Cando caeu Troia, a pléiade Electra, de quen arrancaba a estirpe dos reis troianos, abandonou desesperada a compaña das súas irmáns e foi transformada en cometa.

Santiago de Compostela, Venres 10 de Setembro de 2010
Última modificación: 31/12/69 04:00