O Catálogo Messier

Ramón Iglesias Marzoa

A fináis do século XVIII un astrónomo francés, Charles Messier, que se adicaba á observación e busca de cometas, compilou un catálogo de obxetos non estelares que se convirteu no máis coñecido da historia da Astronomía. O Catálogo de Messier, como é coñecido dende entón, tentaba cumprir unha dobre misión: por un lado identificar e rexistrar as posicións e magnitudes das nebulosas que aparecían a través do telescopio e, por outro, evitar que estas nebulosas se confundiran cos cometas que Messier buscaba.

Non todos os obxetos que figuran no Catálogo foron descubertos por Messier. Algúns xa eran coñecidos con anterioridade, como a Gran Nebulosa de Orión (M42) ou o cúmulo do Pesebre (M44) en Cáncer, mentres que outros foron descubrimentos do seu amigo, o astrónomo Pierre Méchain. En total, atribúese a Messier o descubrimento de 40 obxetos, e a Méchain de 28. Pero na elaboración do Catálogo non se limitou ó descubrimento de novas nebulosas senón que tamén se rexistraron todos os obxetos sinalados por outros astrónomos, eliminando os erros e falsas indicacións consecuencia dos defectos ópticos dos anteollos da época. Ademáis, mideu con precisión as posicións de cada obxeto e proporcionou unha descripción do seu aspecto. Aínda que actualmente saibamos que algunhas destas descripcións son erróneas debido á baixa calidade óptica dos telescopios que Messier usaba, o seu Catálogo foi, con moito, o mellor da súa época.

A primeira versión do Catálogo publicouse en 1771 e incluía 45 nebulosas e cúmulos. En 1784 apareceu unha segunda parte con 58 novos obxetos, moitos deles descubertos en colaboración con Méchain. Con éstos, o auténtico Catálogo de Messier consta de 103 entradas, pero na década de 1960 atopouse unha carta de Méchain en Berlín sinalando as posicións de 7 novas nebulosas, que se engadiron á lista cos números 104 a 110.

No Catálogo figuran 39 galaxias, 29 cúmulos globulares, 27 cúmulos abertos, 8 nubes galácticas, 4 nebulosas planetarias, 1 estrela dobre, 1 asterismo e 1 obxeto inexistente (M102), todos eles por enriba da declinación -35º. Os números de Messier non siguen ningunha secuencia no ceo e indican simplemente a orde na que os descubreu ou os observou.

Algúns pregúntanse por qué Messier non incluéu no seu Catálogo outros obxetos que difícilmente pasan inadvertidos como o Cúmulo Dobre de Perseo ou algunha galaxia ou cúmulo relativamente brillantes. Lembremos, sen embargo, que Messier listou todos os obxetos de ceo profundo observables cun pequeno telescopio dende as nosas latitudes.

A continuación listamos en 4 táboas os 110 obxetos de Messier. En cada unha indícanse os que mellor situados están para unha boa observación ordeados por constelacións. As columnas de cada táboa conteñen: o número do catálogo, a constelación na que está situado o obxeto, o número que cada obxeto ten asociado no New General Catalogue (NGC) se é que o ten, o tipo de obxeto, as súas coordenadas para o equinoccio 2000 e a súa magnitude visual. Por último damos unha pequena descripción de cada obxeto. As descripcións marcadas co símbolo !! indican un obxeto espectacular. Na columna Tipo utilízase a lenda: RSN=resíduo de supernova, CA=cúmulo aberto, CG=cúmulo globular, NE=nebulosa de emisión, NR=nebulosa de reflexión, G=galaxia (con tipo morfolóxico) e NP=nebulosa planetaria.

O ceo do Inverno

M
Con
NGC
Tipo
AR (2000) Dec
Mag
Descripción
1
Tau
1952
RSN
05h 34m5 +22º 01’
8,4
!!Resto de supernova, a famosa Nebulosa do Cangrexo.
45
Tau
-
CA
03h 47m0 +24º 27’
1,2
!!Cúmulo aberto das Pléiades, usar poucos aumentos.
36
Aur
1960
CA
05h 36m1 +34º 08’
6,0
Bonito a poucos aumentos, agrupación brillante pero dispersa.
37
Aur
2099
CA
05h 52m4 +32º 33’
5,6
!!O mellor dos tres cúmulos de Auriga, moi rico en estrelas.

38

Aur

1912

CA

05h 28m7 +35º 50’

6,4

Bonito con prismáticos. Observar o cúmulo NGC1907 ½º ó S.

42
Ori
1976
NE
05h 35m4 -05º 27’
» 4
!!A Gran Nebulosa de Orión, un obxeto indescriptible.
43
Ori
1982
NE
05h 35m6 -05º 16’
» 9
Parte separada de M42, no mesmo campo con poucos aumentos.
78
Ori
2068
NR
05h 46m7 +00º 03’
» 8
Nebulosa de reflexión sen rasgos significativos
79
Lep
1904
CG
05h 24m5 -24º 33’
8,0
Precísase dun 20cm para resolvelo, único globular no Inverno.
35
Gem
2168
CA
06h 08m9 +24º 20’
5,1
!!Moi bonito. Observar o pequeno cúmulo NGC2158 ¼º ó S.
41
CMa
2287
CA
06h 47m0 -20º 44’
4,5
Situado 4º ó S de Sirio, un cúmulo brillante pero burdo.

50

Mon

2323

CA

07h 03m2 -08º 20’

5,9

Entre Sirio e Proción, moi rico, usar aumentos baixos.

46
Pup
2437
CA
07h 41m8 -14º 49’
6,1
!!Moi poboado. Contén a nebulosa planetaria NGC2438.
47
Pup
2422
CA
07h 36m6 -14º 30’
4,4
1º5 ó W de M46, menos poboado que él, contén estrelas brillantes
93
Pup
2447
CA
07h 44m6 -23º 52’
6,2

Cúmulo compacto e brillante, bastante rico.

48
Hya
2548
CA
08h 13m8 -05º 48’
5,8
Antigo obxeto de Messier "perdido", agrupación pouco densa.

 

O Ceo da Primaveira

M

Con

NGC

Tipo

AR (2000) Dec

Mag

Descripción

44
Cnc
2632
CA
08h 40m1 +19º 59’
3,1
!!Cúmulo do Pesebre, usar poucos aumentos e gran campo.
67
Cnc
2682
CA
08h 50m4 +11º 49’
6,9
Un dos cúmulos abertos estelares máis vellos.
40
UMa
-
-
12h 22m4 +58º 05’
8,0
Estrela dobre Winnecke 4, separación de 50". Erro de Messier.
81
UMa
3031
G-Sb
09h 55m6 +69º 04’
6,8
!!Galaxia espiral brillante, M82 situada medio grado ó N.
82
UMa
3034
G-Irr
09h 55m8 +69º 41’
8,4
!!A galaxia ''en explosión'', observar a súa estructura.
97
UMa
3587
NP
11h 14m8 +55º 01’
11,2
!!Nebulosa Moucho, parece máis brillante da magnitude 11,2
101
UMa
5457
G-Sc
14h 03m2 +54º 21’
7,7
!!Galaxia espiral vista de cara, difusa e ténue.
108
UMa
3556
G-Sc
11h 11m5 +55º 40’
10,0

Vése case de perfil, moi preto de M97.

109
UMa
3992
G-Sb
11h 57m6 +53º 23’
9,8
Galaxia espiral barrada preto de gamma UMa.
65
Leo
3623
G-Sb
11h 18m9 +13º 05’
9,3
!!Galaxia espiral brillante e alongada.
66
Leo
3627
G-Sb
11h 20m2 +12º 59’
9,0
!!M65 e NGC3628 no mesmo campo.
95
Leo
3351
G-SBb
10h 44m0 +11º 42’
9,7
Galaxia espiral barrada brillante. M96 no mesmo campo.
96
Leo
3368
G-Sbp
10h 46m8 +11º 49’
9,2
Núcleo moi condensado. Máis luminosa que M95.
105
Leo
3379
G-E1
10h 47m8 +12º 35’
9,3
Núcleo condensado. Moi preto de M95 e M96.
53
Com
5024
CG
13h 12m9 +18º 10’
7,7
Precísase dun 15cm para resolvelo en estrelas.
64
Com
4826
G-Sb
12h 56m7 +21º 41’
8,5
!!Galaxia Ollo Negro, o ''ollo'' precisa de gran abertura.
85
Com
4382
G-Ep
12h 25m4 +18º 11’
9,3
Galaxia elíptica brillante.
88
Com
4501
G-Sb
12h 32m0 +14º 25’
9,5
Galaxia espiral brillante de múltiples brazos.
91
Com
4548
G-SBb
12h 35m4 +14º 30’
10,2
Espiral barrada, ténue e difícil de observar.
98
Com
4192
G-Sb
12h 13m8 +14º 54’
10,1
Galaxia espiral vista de perfil, preto da estrela 6 Comae B.
99
Com
4254
G-Sc
12h 18m8 +14º 25’
9,8
Espiral vista de frente, preto de M98.
100
Com
4321
G-Sc
12h 22m9 +15º 49’
9,4
Espiral vista de frente cun núcleo de aspecto estelar.
49
Vir
4472
G-E4
12h 29m8 +08º 00’
8,4
Galaxia elíptica moi brillante.
58
Vir
4579
G-SB
12h 37m7 +11º 49’
9,8
Espiral barrada brillante, M59 e M60 situados a 1º ó E.
59
Vir
4621
G-E3
12h 42m0 +11º 39’
9,8
Elíptica brillante no mesmo campo que M60.
60
Vir
4649
G-E1
12h 43m7 +11º 33’
8,8
Elíptica brillante asociada a M59 e NGC4647.
61
Vir
4303
G-Sc
12h 21m9 +04º 28’
9,7
Espiral de dous brazos vista de frente.
84
Vir
4374
G-E1
12h 25m1 +12º 53’
9,3
Ovalada cun núcleo concentrado. Rodeada de galaxias NGC.
86
Vir
4406
G-E3
12h 26m2 +12º 57’
9,2
Alongada con poucos detalles. Preto de M84.
87
Vir
4486
G-E1
12h 30m8 +12º 24’
8,6
Visible con pequenos instrumentos. Contén un chorro de materia.
89
Vir
4552
G-E0
12h 35m7 +12º 33’
9,8
Similar a M87 pero máis pequena.
90
Vir
4569
G-Sb
12h 36m8 +13º 10’
9,5

Espiral brillante, preto de M89.

104
Vir
4594
G-Sb
12h 40m0 -11º 37’
8,3
!!Galaxia Sombreiro, buscar a liña de pó.
3
CVn
5272
CG
13h 42m2 +28º 23’
6,4
!!Espléndido, comparable a M13, contén moitas estrelas variables.
51
CVn
5194/5
G-Sc
13h 29m9 +47º 12’
8,1
!!Galaxia Remuíño, espectacular en telescopios grandes.
63
CVn
5055
G-Sb
13h 15m8 +42º 02’
8,6
!!Galaxia Xirasol, brillante e alongada.
94
CVn
4736
G-Sbp
12h 50m9 +41º 07’
8,1
Moi brillante e con núcleo ben definido.
106
CVn
4258
G-Sbp
12h 19m0 +47º 18’
8,3
!!Espiral grande e brillante.
68
Hya
4590
CG
12h 39m5 -26º 45’
8,2
Precísase dun 15 cm para resolvelo en estrelas.
83
Hya
5236
G-Sc
13h 37m0 -29º 52’
10,1
Galaxia grande pero difusa, observable dende latitudes norte.
102
Dra
-
-
15h 06m5 +55º 46’
-
Erro de Messier, obxeto non existente ¿Confusión con NGC5866?

5

Ser

5904

CG

15h 18m6 +02º 05’

5,8

!!Un dos cúmulos globulares máis bonitos.

 

O ceo do Verán

M

Con

NGC

Tipo

AR (2000) Dec

Mag

Descripción

13
Her
6205
CG
16h 41m7 +36º 28’
5,9
!!O Cúmulo de Hércules, NGC6207 situado medio grado ó N.
92
Her
6341
CG
17h 17m1 +43º 08’
6,5
9º ó NE de M13, obxeto bonito pero a miúdo esquecido.
9
Oph
6333
CG
17h 19m2 -18º 31’
7,9
O máis pequeno dos cúmulos globulares de Ofiuco.
10
Oph
6254
CG
16h 57m1 -04º 06’
6,6
Cúmulo globular rico, M12 situado 3º ó NE.
12
Oph
6218
CG
16h 47m2 -01º 57’
6,6
Cúmulo globular aillado.
14
Oph
6402
CG
17h 37m6 -03º 15’
7,6
Precísase un 20cm para resolvelo.
19
Oph
6273
CG
17h 02m6 -26º 16’
7,2
Globular ovalado, M62 situado 4º ó S.
62
Oph
6266
CG
17h 01m2 -30º 07’
6,6
Asimétrico, nun campo rico.
107
Oph
6171
CG
16h 32m5 -13º 03’
8,1

Cúmulo globular pequeno e ténue.

4
Sco
6121
CG
16h 23m6 -26º 32’
5,9
Globular brillante preto de Antares (alfa Sco).
6
Sco
6405
CA
17h 40m1 -32º 13’
4,2
!!Cúmulo Bolboreta, mellor a aumentos baixos.
7
Sco
6475
CA
17h 53m9 -34º 49’
3,3
!!Excelente en prismáticos ou pequenos telescopios.
80
Sco
6093
CG
16h 17m0 -22º 59’
7,2
Globular moi comprimido.
16
Ser
6611
NE,CA
18h 18m8 -13º 47’
6,0
Nebulosa da Águia con cúmulo aberto, usar un filtro nebular.
8
Sgr
6523
NE
18h 03m8 -24º 23’

5,8

!!Nebulosa da Lagoa con cúmulo aberto NGC6530.
17
Sgr
6618
NE
18h 20m8 -16º 11’
7
!!Nebulosa Omega, usar filtro nebular.
18
Sgr
6613
CA
18h 19m9 -17º 08’
6,9
Cúmulo espallado, situado 1º ó S de M17.
20
Sgr
6514
NE/R
18h 02m6 -23º 02’
8,5
!!Nebulosa Trífida, nebulosa de emisión e reflexión.
21
Sgr
6531
CA
18h 04m6 -22º 30’
5,9
Cúmulo espallado, 0º7 ó NE de M20.
22
Sgr
6656
CG
18h 36m4 -23º 54’
5,1
Espectacular dende latitudes Sur.
23
Sgr
6494
CA
17h 56m8 -19º 01’
5,5
Cúmulo brillante pero aillado.
24
Sgr
-
-
18h 16m9 -18º 29’
4,5
Nube rica en estrelas, contén ó cúmulo aberto NGC6603.
25
Sgr
4725
CA
18h 31m6 -19º 15’
4,6
Cúmulo brillante pero espallado.
28
Sgr
6626
CG
18h 24m5 -24º 52’
6,9
Cúmulo globular compacto preto de M22.
54
Sgr
6715
CG
18h 55m1 -30º 29’
7,7
Non se resolve en estrelas doadamente.
55
Sgr
6809
CG
19h 40m0 -30º 58’
7,0
Globular brillante pero aillado.
69
Sgr
6637
CG
18h 31m4 -32º 21’
7,7
Cúmulo globular pequeno e pobre.
70
Sgr
6681
CG
18h 43m2 -32º 18’
8,1
Globular pequeno 2º ó E de M69.
75
Sgr
6864
CG
20h 06m1 -21º 55’
8,6
Globular pequeno e lonxano, a 59.000 anos luz.
11
Sct
6705
CA
18h 51m1 -06º 16’
5,8
!!Cúmulo Pato Salvaxe, quizáis o mellor cúmulo aberto.
26
Sct
6694
CA
18h 45m2 -09º 24’
8,0
Cúmulo tosco pero brillante.
56
Lyr
6779
CG
19h 16m6 +30º 11’
8,2
Pequeno e redondeado, nun campo estelar poboado.
57
Lyr
6720
NP
18h 53m6 +33º 02’
9,0
!!Nebulosa do Anel, espléndida con instrumentos grandes.
71
Sge
6838
CG
19h 53