|
|
|
|
|
|
|
|
|
|||
|
|
|
![]() |
|
|||||||
|
|
|
|||||||||
|
|
|
|
||||||||
|
|
|
|||||||||
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Contaminación luminosa - Ceo EscuroA contaminación luminosa é a luz artificial dirixida ó ceo debido ó alumbrado incorrecto de casas, edificios, rúas e estradas. Este feito non só produce a iluminación ineficente do que sí se debe iluminar, senón tamén o malgasto de recursos e a contaminación do ceo nocturno. A mala iluminación nas cidades e pobos implica a inversión de millóns de euros anuais co inútil fin de iluminar as nubes e produce a perda da observación do ceo nas urbes. Por iniciativa de agrupacións astronómicas, varias comunidades do estado xa están a tomar medidas para reducir a contaminación luminosa. Coa aprobación de normativas de iluminación pública e privada axeitadas, pódese reducir o nivel da contaminación luminosa, mellorando así a iluminación pública, aforrando cartos e protexendo o Ceo Nocturno. En maio de 2001 aprobouse en Cataluña unha lei para a protección do ceo , sendo actualmente a única comunidade que ten recursos legais para combatir o problema; ademáis outras comunidades están a dar pasos para chegar a normativas similares, como en Navarra ou Andalucía. Debido ó incesante aumento da contaminación luminosa no noso país, estanse a poñer en perigo os centros de observación astronómica en principio protexidos como La Palma, Tenerife, Sierra Nevada ou Calar Alto. O Clube Vega está a iniciar unha campaña para a caracterización da contaminación luminosa en Compostela e outras zonas de Galicia, cara a desenrrolar no futuro un plan para reducir esta contaminación na nosa comunidade. Moitas asociaións de España están a dar información sobre o problema e a International Dark Sky Association (IDA) centraliza a nivel internacional o tema, ofrecendo información, noticias e consellos para loitar contra a contaminación luminosa. Podes atopar máis información sobre contaminación do ceo en:
|
||||||||||||
|
Santiago de Compostela, Sábado 31 de Xullo de 2010
|
Última
modificación: 31/12/69 04:00
|