Novas no Ceo
Eclipse anular o 3 de outubro
Enviado por Jorge o Friday, 26 August de 2005 ás 12:29 PM |
O vindeiro 3 outubro será será observable desde Galicia unha eclipse anular que cruzará a península ibérica entrando por Galicia e saíndo polo País Valenciano.
O Clube Vega organizará unha observacíón con motivo da eclipse, así que escribide para preguntar.
Máis infomación sobre a eclipse e súa observación na Circular 21 do Clube: HTML PDF
|
Meteoros das Xemínidas
Enviado por Jorge o Sunday, 12 December de 2004 ás 12:43 PM |
Entre o 7 e o 17 de decembro poden observarse os meteoros das Xemínidas, a chuvia de meteoros máis activa do ano. xunto as Perseidas de agosto.
A observación das Xemínidas deste ano será fácil pola lúa nova, así que somente teremos que preocuparnos polo frio.
Máis información sobre a chuvia (máximo o dia 13) en SOMYCE e na International Meteor Organization.
|
O cometa Machholz
Enviado por Jorge o Sunday, 05 December de 2004 ás 05:42 PM |
O cometa Machholz (C/2004 Q2), descuberto dende Colfax, California (EUA), o 27 de Agosto deste ano, xa é observable con prismáticos, brillando en torno á magnitude +5.5 a primeiros de decembro se agarda que chegue a unha magnitude máis a fináis deste mes.
Máis información na Circular 20 do Clube e no Comet Observation Home Page.
|
Chuvia meteoros das Leónidas
Enviado por Jorge o Wednesday, 17 November de 2004 ás 11:21 AM |
Os meteoros das Leónidas fan a súa aparición no mes de novembro, despóis de varios anos de actividade elevada, especialmente a do 17 de novembro 1999. Aínda que en nengún caso coma aquel, neste ano agárdanse varios picos de actividade superior á normal, dos que do vindeiro 19 de novembro (ás 22:49 hora peninsular), poderá ser observado axeitadamente dende o noso pais.
Máis información na Campaña de Observación das Leónidas 2004 de SOMYCE e na International Meteor Organization.
|


Sitios de novas astronómicas
Calendarios e efemérides
Sitios de novas de astronáutica
|