Clube de Astronomía Vega
Clube Vega é unha asociación de astronómos afeccionados de
Santiago de Compostela, e a súa intención é divulgar
a astronomía disfrutando dela. Para isto organizamos conferencias,
exposicións, saídas nocturnas etc. entre socios e amigos,
ademáis de reunirnos mensualmente no noso local de A Trisca (Santiago)
e falar de diversos temas de Astronomía.
Ser membro de ClubeVega é moi doado e se desexas contactar
con nós podes facelo escribindo aquí.
Actividades
Dende a nosa relativamente recente fundación a fináis
de 1997, ClubeVega leva realizando diversas actividades
para a divulgación e disfrute da astronomía para os
socios e amigos. Entre elas están ciclos de conferencias,
exposicións e por suposto saídas de observación
noctunas. Se queres podes ver as actividades
que estamos a facer agora.
Membresía do Clube
Para ser membro de ClubeVega só hai que pagar unha
cuota de 12 € anuais, asistir de vez en cando as reunións
e ter ganas de aprender e disfrutar da astronomía. Se queres
facerte membro do Clube Vega, contacta connosco. Se tes interese,
tamén podes poñerte en contacto con outras agrupacións
astronómicas de Galicia.
Vindeira Reunión
A vindeira reunión do Clube será o sábado 24 de novembro de 2007 ás 17:00 h
,
no local de A Trisca (Barrio de San Pedro). Normalmente reunímonos o último
sabado de cada mes.
Contactar con Clube Vega
|